Lámina FOLEX OURO 20x30cm
OURO
20x30cm
Láminas decorativas FOLEX ou tamén chamadas Folia, con fermosos deseños dispoñibles en cor Ouro ou Peltre, con motivos naturais, fondos, motivos de Nadal, vintage, carteis e textos... Listos para as túas TRANSFERENCIAS SOBRE CALQUERA SUPERFICIE: Madeira, vidro, latón, tecidos...
MODO DE EMPREGO
Corta a sección ou o anaco da lámina Folex que queres usar no teu proxecto (ou usa a lámina enteira). Cun pincel plano, suave e limpo aplica unha capa fina de adhesivo Mixtión Cadence ref: 889008 sobre o anaco impreso da lámina, ou directamente sobre a superficie que queres decorar (ambas as dúas opcións son válidas)
Deixa que airee uns 30 minutos aproximadamente ata que a capa de adhesivo mixtión quede mordente (notarase transparente e pegañenta ao tacto)
Coloca a lámina de Folex. IMPORTANTE ter en conta o dereito e o revés da lámina de Folex (a parte máis brillante ten que quedar cara arriba; no caso de deseños con letras será máis doado ver cal é a parte que ten que estar en contacto coa mestura).
Traspasa o deseño do Folex exercendo presión cunha ferramenta roma, pode ser tipo prega-papeis, a parte de atrás dunhas tesoiras, a parte convexa dunha culler... ata que o deseño se traspase.
Retira a lámina de película con coidado.
Podes protexer o deseño cunha capa de verniz apta para a superficie tratada.
-
ReferenciaFSE012O
-
En stock5 elementos:
-
EAN138435011400150
Os teus pagamentos e datos persoais están protexidos coa máxima tecnoloxía de seguridade.
Recibe as túas compras onde queiras. Goza do envío gratuíto nos pedidos de máis de 70 €.